Corenta anos vivindo a cerámica

Nacín na Estrada (Pontevedra) en 1959, e desde 1979 resido na aldea de Cornido (Carnota, A Coruña). Aquí comezou a miña relación coa cerámica.

A creatividade e a procura dunha forma de expresión persoal foron a base fundamental do meu traballo, xunto coa aprendizaxe e desenvolvemento de distintas técnicas.

Biografía Nacho Porto
El taller de Nacho Porto

Da idea á realización

Actualmente, o proceso de produción realízase entre dúas persoas. Dispoñemos de 4 fornos nun local amplo e organizado que nos permite abordar a realización de obra persoal e todo tipo de encargos en moi boas condicións.

Empregamos distintos tipos de arxilas e procesos, predominando o modelado, os  moldes de coada, a decoración manual e a serigrafía. Case toda a produción realízase en baixa temperatura (1.060º) fóra da porcelana (1.280º).

Realízanse visitas guiadas ao taller.

Venta e exposición

A exposición atópase nun local anexo ao taller. Permanece aberta todo o ano e nela pódense ver e adquirir toda a variedade de pezas que producimos.

Horario Verán, Semana Santa e pontes: de 10:00 a 20:30 (L-D, festivos incluídos).

Horario inverno: de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h. (L-V). Os sábados, domingos e festivos non contamos con horario fixo, recomendamos contactar connosco por teléfono no 616744132, WhatsApp ou email para garantir a visita.

Realízanse visitas guiadas ao taller. 

Product added to wishlist
Product added to compare.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración, visitando a nosa Política de Cookies.