A maxia da natureza galega
Situado ao sur da Costa da Morte, Carnota é un lugar privilexiado polas súas paraxes naturais, a súa magnífica praia (a máis grande de Galicia - 7 Km.) e o impoñente Monte Pindo (mole granítica de 641 m.).
Os seus famosos hórreos de pedra, un clima suave tanto no verán como no inverno, a amabilidade das súas xentes, a gastronomía e unha contorna natural moi ben conservado fan de Carnota un sitio moi interesante para visitar.
Na zona hai moitos puntos de interese turístico, como o Ézaro, onde desemboca o río Xallas ao mar en forma de fervenza, ou o faro de Fisterra, coas súas maxestosas postas de sol.
